Últimas Anotacións
Histórico
Categorías
- Aventuras Bravús Submarinas (17)
- Anécdotas (8)
- Navegación Nocturna (3)
- Novas (7)
- Piloto Automático (1)
- Banda Deseñada (2)
- Inclasificable (4)
- Informática (3)
- Música (6)
- Política (2)
- Videoxogos (3)
Blogues
Shakes & Fidget
Posted in: Aventuras Bravús Submarinas,Informática,Videoxogos by Taiki on Setembro 13, 2010
CADERNOS DE BITÁCORA DO COMANDANTE TAIKI
Data: 14 de Setembro de 2010 Hora: 00:13
Lugar: Casa dos meus Vellos, Vigo Latitude: 42º 13′ 52.88″ N Lonxitude: 8º 42′ 44.81″ O
Presión: 0.5 Atm. No radar soa: Banda Potemkin – Pensionistas
De seguro que todos coñecede-la fórmula dos xogos de navegador. Xogos en internete nos que a traves de menus, textos e botóns reximo-lo destino dun país ou un heroe e ata un restaurante. Son unha fórmula que leva xa moito tempo presente na rede e da que coñecemos todos moitos exemplos (O-Zone, Travian, MyBrute) pero que co Facebook e agora tamén, co Tuenti (de forma completamente orixinal este último, guiño, guiño, codazo, risiña) se esta expandindo a xente que nunca se metera en cousas desas se achegue a este modo de xogos.
Pois ben, eu din en xogar ó Shakes & Fidget, un xogo destes no que levas a un aventureiro por un mundo fantástico medieval paródico. Moi ó munchkin. Se vos interesa probalo pinchade eiquí (A verdadeira razón deste post é que, como moitas descas cousas gratuitas, proporcionache beneficios o recrutar xente, xa sabedes como van estas cousas).
Máis Scott Pilgrimm
Posted in: Aventuras Bravús Submarinas,Banda Deseñada,Videoxogos by Taiki on
CADERNOS DE BITÁCORA DO COMANDANTE TAIKI
Data: 13 de Setembro de 2010 Hora: 01:33
Lugar: Casa dos meus Vellos, Vigo Latitude: 42º 13′ 52.88″ N Lonxitude: 8º 42′ 44.81″ O
Presión: 0.5 Atm. No radar soa: Former Fat Boy – 7 Evil Exes
Falábamo-lo outro día de Scott Pilgrim, fozando un pelín máis pola rede topei cun creador de personaxes como os que estiveran de moda hai un par de meses. A ligazón aquí e en primicia: EU!
Como curiosidade, mentres fozades facendo o voso meco caeran moediñas, se as colledes, poderedes bate-lo record da paxina… Que emoción, verdade? Pero somos gamers ou non? Maña, falareivos de xogos de navegador.
Scott Pilgrim
Posted in: Aventuras Bravús Submarinas,Banda Deseñada,Novas,Videoxogos by Taiki on Setembro 10, 2010
CADERNOS DE BITÁCORA DO COMANDANTE TAIKI
Data: 10 de Setembro de 2010 Hora: 02:15
Lugar: Casa dos meus Vellos, Vigo Latitude: 42º 13′ 52.88″ N Lonxitude: 8º 42′ 44.81″ O
Presión: 0.5 Atm. No radar soa: The Prodigy – Invaders must die
Onte dixen que ía falar de Scott Pilgim. É un comic que descubrin por recomendación do blogue de Randy hai uns meses e dos que en breves saira unha película. Como a sinopse parecía divertida, descargueime o primeiro capítulo en ingles e como me gustou, saín á súa procura e polo visto, inda non se editara no noso país.
Así que o deixei correr… Ata que o outro día, andaba eu nunha tenda de comics e topeime de fronte co tomo un, SCOTT PILGRIM: Su vida y sus cosas, e non puiden resistir compralo…
Lin o tomo enteiro nunha tarde e namoreime del. O debuxo non era moi ala, pero eu creo que pega para o estilo do comic: Un amerimanga de trazo gordo e cun debuxo algo plano. O que si me gustou foi a narrativa, o xeito de distribui-la información e as viñetas nas páxinas.
O flipante é o argumento. Scott Pilgim é un rapaz de Toronto de 23 anos que toca o baixo nun grupo (bastante malo, seica) e sae cunha rapaza chinesa de 17 anos. Ata que aparece nos seus soños e na súa vida a moderna estadounidense Ramona Flowers da que se enamora, pero pra sair con ela debera, primeiro, derrotar ós seus sete ex-mozos malvados.
Quiza é porque a min me gusta este estilo de comic (un Slice of Life paródico con personaxes que resultan ser ninjas, mosqueteros ou feiticeiros) pero encantoume. En canto puden fíxenme co segundo tomo, SCOTT PILGRIM contra el mundo, que seguiu na mesma liña e non me defraudou. Agora espero ansioso conseguir os catro que me faltan. Inda que os dous últimos non foron inda editados.
A película promete, polo que vin nos trailers. Estética de comic, con moitas referencias ó mundo dos videoxogos e da cultura pop máis actual (igual que no comic) cunha impresionante banda sonora (Prodigy, Radiohead, Blur…). Iso si, non me gusta o actor protagonista. Veremos que sae.
Outro aspecto a resaltar é o videoxogo que, creo xa saiu, pra PS3 e XBox 360. É un Beat’em Up en scroll lateral da vella escola cuns gráficos retro. bastante xeitosos, pero intencionadamente un pouquechiño pixelado. Non poderei xogar, pero ten boa pinta… Se fozades na internete poderedes topar moito máis e pra que empecedes: un montón de ligazóns relaccionadas!
Referencias a videoxogos no comic, moitas non as pillara.
O Trailer da película
O do videoxogo
A OST do Videoxogo no Spotify
Un disco inspirado no comic, tamén en Spotify, a letra das cancións aqui
Os medios en galego Importan
Posted in: Aventuras Bravús Submarinas,Novas,Política by Taiki on Setembro 08, 2010
CADERNOS DE BITÁCORA DO COMANDANTE TAIKI
Data: 8 de Setembro de 2010 Hora: 15:01 (Da cociña ven o arrecendo da comida, teño fame)
Lugar: Casa dos meus Vellos, Vigo Latitude: 42º 13′ 52.88″ N Lonxitude: 8º 42′ 44.81″ O
Presión: 0.5 Atm. No radar soa: Scott Pilgrim’s Videogame OST – Cheap Song (Maña falamos disto)
Falábamo-lo outro día da desaparición dos media en galego. Pois resulta que agora saiu un manifesto na súa defensa que vos copio eiqui:
OS MEDIOS EN GALEGO IMPORTAN
Un país é o que fala. Galicia é o Galego. Ninguén pode matar unha lingua. Pero é moi fácil deixala morrer de inanición e abandono. Todos somos responsables de que a nosa lingua reciba a xustiza que merece e as oportunidades que se lle negaron na historia. Que haxa medios en galego importa. Resulta imprescindible para que a nosa lingua viva e medre con futuro. Apoiar ós medios en galego é axudarnos a nós mesmos e o que somos. Resulta cínico e irreal esperar que anos de intervención do mercado a favor do castelán vaian corrixirse sós. Alguén ten que facelo e ten que facelo agora.
Ningunha administración pública deste país pode declararse allea ou ausente cando pechan un tras doutro os xa poucos medios que apostaban pola nosa lingua. Ningunha administración pública pode dicir, sen faltar á verdade, que fixo todo o que podía facer, ou que non hai recursos porque estamos en crise. Demandamos do goberno que poña a vontade política e os recursos que non dubida en poñer para axudar a outros sectores ou medios que non o precisan tanto. Demandamos das administracións públicas que tomen a decisión de axudar aos medios en galego porque é xusto, porque o merecen e porque se lles debe.
Ningún lector ou espectador deste país pode tampouco declararse alleo ou ausente cando pechan un tras outro os medios que se fan na nosa lingua. Os únicos que realmente poden garantir o futuro de calquera medio son os lectores, as audiencias e os anunciantes. Algo falla nun país onde tanta xente se declara amante da súa lingua ou tantas empresas utilizan a galeguidade para posicionarse nos mercados, pero logo non hai nin lectores nin anunciantes para os medios que se fan en galego. A desaparición dos medios no noso idioma non é un problema nin unha responsabilidade da administración, é un problema e unha responsabilidade de todos.
Se queredes asinalo tan só tedes que premer nesta ligazón.
Bravú: Outra Vez
Posted in: Aventuras Bravús Submarinas,Música by Taiki on Setembro 06, 2010
CADERNOS DE BITÁCORA DO COMANDANTE TAIKI
Data: 6 de Setembro de 2010 Hora: 03:34
Lugar: Casa dos meus Vellos, Vigo Latitude: 42º 13′ 52.88″ N Lonxitude: 8º 42′ 44.81″ O
Presión: 0.5 Atm. No radar soa: Os Diplomáticos de Monte Alto – Berbés
Para sandar un pouco a miña economía traballarei este mes por primeira vez na miña vida. Vou choiar na bodega de Condes de Albarei durante a vendima. Sera cousa de 10 ou 15 días e cun horario caralludo, entrando ás 12 da noite. Iso si, dixome quén sabe do tema que é o mellor turno de todos. Xa vos contarei como resulta a experiencia.
Sexa como fora, alineánse os planetas, porque o sábado 18, que estarei currando, sera o gran concerto 29 Años, 9 Meses y 1 Día dos Suaves en Ourense, pro que xa tiña a entrada antes de enterarme de que esa mesma noite, no Reperkusion de Allariz, volve ós escenarios a formación orixinal dos Diplomáticos de Monte Alto. Con eles xuntáronse os do Xornal de Galicia e publicaron esta crónica. Semella que este ano é o das voltas ó escenario de clásicos galegos, e eu estoumas a perder todas.
25 de Xullo de 1984
Posted in: Anécdotas,Aventuras Bravús Submarinas,Inclasificable,Novas,Política by Taiki on Xullo 26, 2010
CADERNOS DE BITÁCORA DO COMANDANTE TAIKI
Data: 25 de Xullo de 2010 Hora: 12:00
Lugar: Alameda de Compostela Latitude: 42º 52′ 38.58″ N Lonxitude: 8º 32′ 49.92″ O
Presión: 2.0 Atm. No radar soa: Alfredo Brañas na voz de Suso Vaamonde – Deus Fratesque Gallaecia
Santiago de Compostela non era un lugar cómodo para estar hoxe. É a festa do Apóstolo e do Galeguismo, e non cabe nin un alma máis, e por riba estaba todo cheo de nacionais. A manifestación de Causa Galiza transcorreu entre un dobre cordón, policial e da organización e ata con leiteiras detras… por erguer bandeiras pequenas e distintas. Terminou cun acto no Toural, fermoso, co Leo de Matamá, cos Mini e Mero, e como non, co Himno ó final, a voz rouca e a man dereita no peito.
No día anterior o ambiente era moito máis festivo, cheguei a Compostela dende O Grove (onde pasara un día cos meus amigos de carallada) soando a Bella Ciao dos Modena City Ramblers, conducindo un Volkswagen vello, polo teito solar do cal saia unha bandeira autonómica. Foi moi cómico, sobre todo cando topamos de fronte coa concentración de Ceivar, onde moitos dos meus máis comunistas amigos me viron e en broma amenazaban con lobotizarme por esa bandeira sen estrela.
Pero as primeiras faiscas xa saltaron esa noite, as manifestacións dalgúns grupos deixaran a súa pegada nas rúas con pintadas novas e contedores do lixo volcados. Cando cheguei á Porta Faxeira camiño do Campus Sur para os Concertos do Festigal, pechoume o paso un marulo uniformado, armado cun rifle, de pelotas, agardo, e preguntoume a onde ía cun marcado acento extranxeiro. Concertos? O tío non sabías que estaba pasando así que ó final botouse a un lado e deixounos pasar. Ala embaixo, Cuchufellos, Galegoz, Banda Potemkin e Santa Macairo Orquesta (estes últimos eran franceses) facían vibrar ó auditorio, que brincaba, berraba, bailaba e bebia licor café. A voráxine separárame dos meus amigos e levárame xunto doutros amigos na liña de frente e cando todo acabou inda deu tempo a chegar ó concerto de Machina.
Pero se reparástedes no título notaríades a facil referencia á novela de Orwell. Pois ben, isto vai adicado á memoria tanto de Vieiros que fechou as sús portas onte e de Chuza, que o fixo hoxe. O primeiro era a páxina web senlleira da Internete galega, eu lembro xa referencias nos meus libros de texto da ESO cando o telefono xemía se navegabas e conceptos como P2P, web ou blogue nons resultaban case alienixenas. Nunca seguín Chuza! pero era unha comunidade onde os internautas enlazaban novas e páxinas para as comentar.
Faíseme moi dificil pensar que os problemas das dúas páxinas, de índole económico, non se poderían ter solucionado cun pouco de axuda institucional. Pero claro, gobernan os de sempre, os de fora e o doblepensar e máis o doblepensar que non se expresa na monolinguaxe é perigoso pois pode prender algo nas conciencias do pobo. Ou non, pero o caso é que se nos desinforme dun xeito tan aberrante na Era da Información era algo que inda que coñeciamos se nons antoxaba lonxano… segredos de Estado ou Republicas Bananeiras. Estoume indo polas ramas, pero é que non son capaz de explicarme:
JODER QUE IMPOTENCIA!
EDIT: Ó mes longo desta noticia, xa alo foron a edición en papel da Nosa Terra e creo que A Peneira… E si, penso como Alfonso Eire, presidente e editor d’A Nosa Terra: que todo isto é unha «tremenda campaña da Xunta do PP para cargarse todo aquilo que teña que ver coa base do galego e da cultura galega.»
E de paso un dato sacado de nonseionde: Mentres que a Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos mantén vivas catro suscricións ó semanario dende o ano 1979, a Xunta e o Parlamento de Galicia cancelaron as súas nada máis chegar Feijóo á Presidencia de Galicia.
Bravú
Posted in: Aventuras Bravús Submarinas,Música by Taiki on Xuño 26, 2010
CADERNOS DE BITÁCORA DO COMANDANTE TAIKI
Data: 26 de SanXoán de 2010 Hora: 23:25
Lugar: Vigo Latitude: 42º 13′ 58.66″ N Lonxitude: 8º 42′ 39.28″ O
Presión: 2.0 Atm. No radar soa: Os Pogues, dende Spotify
Quedaramos en que me restaban tres exames por facer. Pois ben, dous foron ala esta semana: a resolución do primeiro é dubidosa e xa verei o que sae, do segundo saio moito mís tranquilo… xa vos informarei no seu tempo, porque o obxetivo deste post é ben distinto.
Hai un par de meses falaramos unha e ata dúas veces do bravú, un movemento musical e social que reivindico e do que me sinto herdeiro. Pois volvo abri-lo tema para colgar un video que topei no Facebook, concretamente no taboleiro dos Ulträqäns, a formación nova do Antón Papaqueixos. É un traballo para clase duns alumnos de Audiovisual e son unha colección de testemuños de varios dos porcos bravos que foron a vangarda cultural galega dos 90.
Echale Coraje
Posted in: Anécdotas,Aventuras Bravús Submarinas by Taiki on Xuño 16, 2010
CADERNOS DE BITÁCORA DO COMANDANTE TAIKI
Data: 16 de Xuño de 2010 Hora: 20:45
Lugar: na Fronteira do Casco Vello de Santiago, pero xa a buscar piso pro ano que ven.
Latitude: 42º 52′ 43.81″ N Lonxitude: 8º 43′ 46.09″ O
Presión: 10 Atm. No radar soa: Rosendo – Echale Coraje
Exames, ou niso quedáramos… e van dous, os dous resoltos con bastante sultura e de xeito aceptable. Pero inda me quedan 3 máis, un o 23, outro o 25 e o derradeiro o 30, ante o que non me podo deixar de preguntar se na Facultade Historia pensan que o día de san Xoán existe un desdobramento espazo-temporal que permite estudar máis, porque sempre, e digo sempre, poñen un exame o día antes e outro o día inmediato. Non sei en que pensan…
Non podo deixar de dicir que estou perdendo tempo dun xeito descomunal, xa que tanto pro exame do mércores pasado coma para o de hoxe so estudei dende o luns anterior dun xeito completamente irrresponsable e temerario. Agora teño que preparar dous, pero decidin darme un pequeno descanso, ver Cómo Conocí a vuestra Madre, durmir a sesta e a media tarde poñerme a currar. A movida é que me acabo de despertar da sesta agora ás 20 horas, pero bueno, mañá sera outro día.
O Reflote
Posted in: Aventuras Bravús Submarinas,Novas by Taiki on Xuño 07, 2010
CADERNOS DE BITÁCORA DO COMANDANTE TAIKI
Data: 7 de Xullo de 2010 Hora: 20:45
Lugar: Ordenador Novo e ainda sen nome na Fronteira do Casco Vello de Santiago
Latitude: 42º 52′ 43.81″ N Lonxitude: 8º 43′ 46.09″ O
Presión: 10 Atm. No radar soa: Los Coronas dende o Spotify, que sigo sen música.
Teño ordenador novo, ordenador novo e exames, ordenador novo, exames e inda algún traballo pendente, e o ánimo polo chan… Tamén teño moito que contar, e intentarei írvolo contando paseniño en cachiños mortos entre horas de mirar pros apuntes. Nada máis que dicir hoxe, que estou canso…
Nova Computadora de Abordo
Posted in: Aventuras Bravús Submarinas,Piloto Automático by Taiki on Maio 31, 2010
Son o ordenador novo do Comandante Taiki, recen estrenado. Como se foi desvelando en entradas previas, o meu predecesor decidiu queimarse ó bonzo, alomenos a súa tarxeta gráfica integrada na placa base, deixando a Taiki nunha situación bastante jodida. Tras intentos desesperados de arreglalo conseguiu sobrevivir grazas á benevolencia do seu amigo Nox, que lle deixou un fiel e naranxa portail vello. Venerablemente vello, que tiña oito anos, e iso pros da nosa condición é… buah. Iso si, Benvidos a 2002, cando os ordenadores tiñan disquetera. Con el sobreviviu ata que topou comigo, como agasallo encargado pra un rapaz que fixo a comunion (Si, a min tamén me parece unha tolería, dame medo como poden tratar os nenos de 10 anos ós seus portátiles) e como son guai, decidiuse tamén por min.
Así que aqui estou eu. Un Asus X5DAF-SX013V, o equilibrio entre ser medianamente económico e un pouco potente… Iso si, con Windows 7, que te preguntas como é posible copiar dese xeito KDE 4 destrozándoo coas marabillosas utilidades de vista. En breve serei particionado e instalado con Kubuntu e 7, pero unha distribución seria e non a bazofia da Home Edition.
Iso si, sigo sen nome, e é que Taiki é un trillado pra porlle nome ás cousas e inda non se lle ocorreu nada serio pra min e con iso anda a voltas. Admítense suxerencias.